Friday 17 de May de 2024

Alternativa dos Veciños achegará a administración á veciñanza de Bergondo


Suprimiremos a cita previa OBRIGATORIA en todas as dependencias administrativas do noso concello onde aínda se mantén esta medida anacrónica e caprichosa da actual alcaldesa.

Afondaremos nas posibilidades do Regulamento de Participación Veciñal (existente grazas a Alternativa dos Veciños) como por exemplo a consulta popular.

Instalaremos paneis electrónicos informativos en zonas céntricas do noso municipio, para achegarvos a información de Bergondo dun xeito moderno e áxil.